jueves, 19 de enero de 2017

ACTIVIDADE 1

Como actividade de traballo das competencias escollín facer un xogo de adiviñanzas a partir da expresión física. Comezando pola temporalización e duración da actividade este xogo estaría enfocado a reforzar o vocabulario a avaliar nun trimestre ou mesmo por unidade didáctica polo que realizaríase nunha sesión ao final de cada trimestre, ou ao finalizar cada unidade didáctica. No referente á duración, media hora debería ser suficiente tanto para o primeiro como para o segundo caso.

O xogo consistiría en dividir ao alumando en dous grupos. A/o docente debería tentar asegurarse de que os equipos están equilibrados e non deixar que moitas/os alumnas/os das/os máis avantaxadas/os se xunten nun grupo e deixen noutro ás/aos que máis dificultades poidan ter. No caso de facer o xogo trimestralmente, a/o docente pode levar nunha bolsiña ou caixa uns papeliños cos títulos das diferentes temáticas que se traballaron durante o trimestre. Cada grupo collerá (cos ollos pechados) un e esta será a temática coa que lles tocará xogar.

A dinámica de xogo consistirá en ir saíndo á fronte do grupo dunha/dun en unha/un e en 30 segundos describir con xestos e mímica ás/aos súas/seus compañeiras/os as palabras ou expresións curtas sobre a temática que lle tocou ao seu grupo e que irá sacando dun saquiño ou caixa. As/os compañeiras/os deberán tentar adiviñar o que a/o súa/seu compañeira/o está a representar. Unha vez finalice o tempo (30 segundos) tocaralle facer o mesmo ao outro grupo. No caso de traballar ambos grupos co mesmo vocabulario simplemente se lles pasará aos contrincantes o saquiño cos papeliños que quedan para así non repetir vocabulario que xa saíra, pois podería ser inxusto.

Polo tanto, unha persoa do primeiro grupo que vaia xogar (o cal se pode escoller simplemente lanzando unha moeda ao aire) representará durante 30 segundos todas as palabras que poida. A continuación o fará unha persoa do outro grupo coa bolsa cos papeliños sobre a temática que lle tocou ou coa mesma bolsa que usou o primeiro grupo no caso de que só traballen cunha unidade de vocabulario. Ambos grupos turnaranse ata que todos os seus membros teñan representado. Finalizada esta primeira ronda procederase a unha segunda máis curta na que só poderán representar durante 15 segundos e poderán usar tres palabras para describir o vocabulario. Se aínda así quedan palabras ou expresións curtas que non foron adiviñadas pola súa dificultade, poderíaselles dar a posibilidade dunha terceira e última ronda para describilas con tantas palabras coma fose necesario (nunca podendo empregar derivados da palabras ou expresión a representar) tamén en 15 segundos para ver se así conseguen rematar con todo o vocabulario.

A/o docente debe preparar con antelación os papeliños co vocabulario (termos e expresións curtas) e, no caso de traballar trimestralmente con máis dunha unidade didáctica, un saquiño inicial cos títulos de cada unidade para que unha/un alumna/o de cada grupo escolla a temática coa que vai xogar o seu equipo. Durante o xogo, a/o profesor/a deberá encargarse do cronómetro e asegurarse de que o alumnado cumpra as regras e non fale para describir os termos ou expresións que lles toca representar, a non ser que se atopen na derradeira ronda. Gañaría o equipo que consiga adiviñar todos (ou o maior número) (d)os termos ou expresións da temática que lles tocou ou, no caso de compartir a mesma temática, o equipo que máis vocabulario adiviñe sobre o tema. Se ningún dos equipos é capaz de adiviñar todas as palabras/expresións nin sequera na terceira ronda, considerarase que gañou o equipo que máis vocabulario adiviñase nas dúas rondas previas.

Esta actividade busca traballar as seguintes competencias: a competencia de comunicación lingüística, a competencia social e cívica, a competencia (non incluída aínda no currículo) da educación física, e a competencia de iniciativa e espírito emprendedor. Obviamente a competencia de comunicación lingüística trabállase a través da comprensión e capacidade de comunicación do significado do vocabulario co que están a xogar. A competencia social e cívica trabállase a través da colaboración e cooperación grupal no xogo. A competencia da educación física, a cal non existe no currículo como tal, trabállase a través deste xogo que implica un movemento físico de coordinación e motricidade. Finalmente, a competencia de iniciativa e espírito emprendedor estaría tamén presente pois este é un xogo que fomenta a creatividade do alumando á hora de expresarse e buscar ser entendidos.

4 comentarios:

  1. Por favor, tes que etiquetar claramente cada entrada co nome de cada profe na sección de Archivo del Blog.
    Encántame a tua actividade. Eu son unha firme "believer" no poder das bolsas e as caixas, xa o verás nas próximas sesións. De feito, eu teño unha actividade moi parecida: caixas con palabras aprendidas por temas e ´soas de diversas maneiras, por exemplo, para que expliquen o que quere decir e o resto da clase o adiviña. A idea de facelo por xestos paréceme excelente.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Re-etiquetarei as entradas para que aparezan máis claramente.
      No referente á actividade, agora que tivemos unha sesión con Ana, ocorréuseme tamén que en lugar de premiar ao equipo gañador tamén poderíase premiar a aquelas/es que fosen máis creativos á hora de presentar ou definir o vocabulario, así teríase máis en conta tamén o esforzo que levaron e non só o resultado final, xa que este tamén depende bastante da sorte e da "inspiración" dos compañeiros.

      Eliminar
  2. Creo que la actividad que propones les encantaría a tus alumnos y se lo pasarían genial. Al mismo tiempo, me parece que es una forma estupenda de que repasen vocabulario y lo asimilen prácticamente sin darse cuenta, ya que jugando se les hará mucho más fácil, además con la ventaja de que al ser una competición pondrán más empeño en recordar el vocabulario para representarlo bien y ganar. También creo que es una actividad que se podría hacer en todos los niveles adaptando el vocabulario claro, así que enhorabuena por tu creatividad :)

    ResponderEliminar